Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 10 de xuño de 1998 Páx. 6.443

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da iniciación dos expedientes sancionadores de caza C-7/98 e C-8/98, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados cos datos persoais e derradeiro enderezo coñecido que se sinala a continuación, as iniciacións dos correspondientes expedientes sancionadores por infracción á Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Noméase instructora do procedemento a Paloma Quiroga López e secretaria a Mª. Concepción Ameijide Rodríguez-Moldes, funcionarias da Xunta de Galicia. A resolución será acordada polo delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente (Decreto 482/1997 do 30 de decembro, DOG do 8-1-1998, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente).

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 70, e presenta-las alegacións e documentos que considere convenientes na súa defensa, así como para a recusación das persoas designadas como instructora e secretaria en calquera momento da tramitación do procedemento.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial.

ANEXO

Expediente: C-7/98.

Denunciado: Juan Carlos Fernández Fernández.

DNI: 33.327.578.

Enderezo: Río Sil 1, 2º A, Lugo.

Feitos imputados: molestar ou inquietar intencionadamente os animais silvestres, así como destruí-lo hábitat e alimentación das ditas especies ó cortar un total de sete exemplares de acivro.

Feitos constatados o día 4-1-1998 na reserva de caza dos Ancares, Ortigovo, Cervantes.

Preceptos infrinxidos: 26.4º, en relación co artigo 38.8º e 38.13º da Lei 4/1989.

Cualificación infracción: leve

Sanción: 20.000 ptas.

Expediente: C-8/98.

Denunciado: María Isabel Ocampo Ferreiro.

DNI: 33.327.174.

Enderezo: Avda da Coruña, 148, 1º, Lugo.

Feitos imputados: destruí-lo hábitat dos animais silvestres catalogados como de perigo de extinción e de interese especial ó cortar un total de sete exem

plares de acivro. Feitos constatados o día 4-1-1998 na reserva de caza dos Ancares, Ortigovo.

Preceptos infrinxidos: artigo 38.8º da Lei 4/1989.

Cualificación infracción: leve.

Sanción: 15.000 ptas.

Lugo, 4 de maio de 1998.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

4584