Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 10 de xuño de 1998 Páx. 6.441

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación dos expedientes sancionadores en materia de pesca fluvial P-236/97 e P-237/97, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no Decreto 482/97, do 30 de decembro (DOG 8-1-98), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora deste procedemento a Paloma Quiroga López, e secretario a José Antonio García Blanco, funcionarios desta delegación provincial, que poderán ser recusados en calquera momento

da tramitación do expediente de concorreren os supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días (15), contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para presentar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, sita na Ronda da Muralla, nº 70, 1ª planta.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobada polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

ANEXO

Expediente nº P-236/97

Denunciado: Noceda, S.L. (NIF B-27160167).

Último enderezo coñecido: Os Mesos, Noceda, O Incio, Lugo.

Feitos imputados: formación dun entullo na marxe do río Meda susceptibles de seren arrastrados polas augas ou levados pola chuvia co conseguinte dano para a poboación ictícola, o día 11-9-1997, na pista Rao-Meda, Navia de Suarna.

Precepto sancionador: 35.10º da Lei de pesca 7/1992.

Cualificación infracción: grave.

Sanción: 500.001 pesetas de multa.

Expediente nº P-237/97.

Denunciado: Noceda, S.L. (NIF B-27160167).

Último enderezo coñecido: Os Mesos, Noceda, O Incio, Lugo.

Feitos imputados: entorpece-la servidume de paso de policía con entullo na marxe dereita do río Navia nunha lonxitude de 14 m e augas arriba nunha lonxidude de 7 m con dous piares de cemento, o día 13-9-1997, na Ponte S. Martiño da Ribeira-Cervantes.

Precepto sancionador: 35.10º e 34.27º da Lei de pesca 7/1992.

Cualificación infracción: grave.

Sanción: 600.000 pesetas de multa.

Lugo, 4 de maio de 1998.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

4628