Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 09 de xuño de 1998 Páx. 6.407

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do plan especial de ordenación do porto de Vigo (expediente 4332/411/1997).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión celebrada o día 16 de abril de 1998, acordou aprobar definitivamente o plan especial de ordenación do porto

de Vigo, contido no documento presentado pola autoridade portuaria, datado en marzo de 1998 e subscrito polos técnicos Luis Lara Rubido e Joaquín Colunga Pérez, coa seguinte precisión:

Con respecto ás obras proxectadas na zona de servicio do porto que estarán suxeitas a licencia municipal, a normativa do plan especial aplicarase conforme a interpretación que do artigo 19.3º da Lei de portos realizou o Tribunal Constitucional na sentencia nº 40/1998, do 19 de febreiro, publicada no BOE nº 65 do 17-3-1998, (fundamento xurídico 39).

O que se fai público para xeral coñecemento de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Vigo, 13 de maio de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo

5332