Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 09 de xuño de 1998 Páx. 6.401

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1998 pola que se fai pública a adxudicación do concurso, por procedemento aberto, do servicio de edición das leis aprobadas polo Parlamento de Galicia desde 1982 ata 1997.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1996, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, dispoño a publicación da adxudicación do seguinte contrato de servicios:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 1/1998.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de servicio.

b) Descrición do obxecto: concurso, por procedemento aberto, do servicio de edición das leis aprobadas polo Parlamento de Galicia desde 1982 ata 1997.

c) Lotes: único.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 45, do 6 de marzo de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 14.600.000 pesetas (IVE incluído).

5. Adxudicación.

a) Data: 19 de maio de 1998.

b) Contratista: Muñoz Varona, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 10.990.000 pesetas (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 20 de maio de 1998.

José María García Leira

Presidente do Parlamento de Galicia

5296