Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 09 de xuño de 1998 Páx. 6.399

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de modificación e dos novos estatutos da Asociación Provincial de Empresas Siderometalúrgicas.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, ás 10 horas do día 13 de maio de 1998, foron depositados a acta de modificación e os novos estatutos da Asociación Provincial de Empresas Siderometalúrgicas e a súa modificación consiste nos artigos 2, 21, 23, 27, 28, 36 e 41.

Asinan a acta de modificación e os novos estatutos: José Ardavín Álvarez (presidente) e Roberto Derungs Cachaza (secretario).

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 13 de maio de 1998.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

5021