Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 09 de xuño de 1998 Páx. 6.386

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/97-2, 4983 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: r/ Sáenz Díez, nº 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Vilamaior-Negral-Seixalbo (Guntín).

Situación: Guntín.

Descricións técnicas: liña de media tensión de 27 m de lonxitude en conductor LA-56 a 20 kV sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 50 kVA. Rede de baixa tensión de 380/220 V de 2.750 m de lonxitude en conductor R.Z. 0,6/1 kV Al.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 4 de maio de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

4747