Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: r/ Sáenz Díez, nº 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Abelaira-Carlín (Friol).
Situación: Friol.
Descricións técnicas: liña de media tensión de 197 metros de lonxitude en conductor LA-56 sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 100 kVA relación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión de 2.360 metros de lonxitude en conductor R.Z. 0,6/1 kV.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 4 de maio de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
4749