Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 08 de xuño de 1998 Páx. 6.344

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

PADROADO DE TURISMO TERRAS DE TRIVES

ANUNCIO de licitación.

Polo Pleno do Padroado de Turismo Terras de Trives foron aprobados os pregos de cláusulas administrativas que rexerán o concurso por procedemento aberto das seguintes actuacións:

-Aula da Natureza-Información ambiental.

-Recuperación calzada romana.

-Museo etnográfico-antropolóxico.

Os cales se expoñen ó público polo prazo de catro días contados a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no BOP ou DOG para que poidan presentarse reclamacións.

Á vez, anúncianse os concursos, se ben a licitación se aprazará canto resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Os licitadores poderán concorrer a unha, a varias ou a tódalas actuacións que se anuncian no presente concurso. No caso de concorriren a varios concursos, poderán presentar un único sobre xeral dentro do que irá un único sobre A e tantos sobres B como concursos ós que se concorra.

1. Entidade adxudicataria:

a) Entidade adxudicataria: Padroado de Turismo de Terras de Trives.

b) Tramitación: Secretaría do Padroado.

c) Expedientes: 1/98 P.D.T.: execución Aula Natureza-Información ambiental.

-2/98 P.D.T.: recuperación calzada romana.

-3/98 P.D.T.: execución museo etnográfico-antropolóxico.

2. Obxecto dos contratos:

a) Execución das actuacións:

Aula da Natureza.

Calzada romana.

Museo etnográfico-antropolóxico.

Construcción aula: con suxeición ó prego aprobado polo Padroado e proxectos técnicos redactados por Ricardo Salgado Salgado e Sanguiño Gestión, S.L. e aprobados polo Pleno do Padroado en sesión do 25 de maio de 1998 (Comisión de Seguimento do Plan de dinamización turística: 6-5-1998).

b) Lugares de execución: Terras de Trives: A Pobra de Trives, San Xoán de Río e Chandrexa de Queixa.

c) Prazo de execución: máximo, cinco meses.

3. Tramitación, procedemento, forma:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamentos base das licitacións-criterios de selección: prego de condicións, base 2.

-Aula da Natureza: 5.500.000 ptas.

Construcción: a) 98: 16.000.000 de ptas.

b) 99

-Calzada romana: 10.585.000 ptas.

-Museo etnográfico-antropolóxico: 5.330.000 ptas.

5. Garantía:

Provisional: 2% do orzamento base da licitación.

Definitiva: 4% do orzamento base da licitación.

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Padroado de Turismo de Terras de Trives.

Domicilio: praza do Reloxo, s/n, Oficina de Turismo, 32780 A Pobra de Trives (Ourense).

Teléfono: (988) 33 09 09 - 33 00 10.

fax: (988) 33 00 10 - 33 10 10.

Data límite de petición de información: tres días antes do remate do prazo para presentación de proposicións. (Envío de documentación: o custo será por conta do solicitante).

Requisitos: especificados nos pregos de condicións.

7. Presentación das ofertas:

Data límite de presentación: rematará ós trece días naturais contados desde o seguinte ó da data de publicación do último anuncio sexa este no BOP ou no DOG (hora: 13.30).

Documentación: prego de condicións.

Lugar de presentación: Rexistro do Padroado de Turismo de Terras de Trives das 11 ás 13.30 horas.

Domicilio: praza do Reloxo, s/n, 32780 A Pobra de Trives.

Prazo no que o licitador mantén a súa oferta: ...

8. Apertura de ofertas: a mesa constituirase en:

Lugar: salón de sesións da Casa do Concello da Pobra de Trives.

Domicilio: casa do concello, paseo de San Roque, 4-1º (32780) A Pobra de Trives.

Data: 12 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de propostas (agás se coincide en sábado ou domingo, que se trasladará o luns inmediato).

9. Gastos de anuncio: por conta do adxudicatario/s.

A Pobra de Trives, 26 de maio de 1998.

Pedro Fernández Fernández

Presidente do Padroado de Turismo Terras

de Trives