Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 08 de xuño de 1998 Páx. 6.341

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1998 pola que se anuncia poxa para a contratación das obras incluídas no proxecto denominado orzamento modificado do proxecto de urbanización do polígono das Lagoas, 2ª fase (1ª etapa).

1. Entidade adxudicadora:

1.1. Organismo: Concello de Ourense.

1.2. Dependencia na que se tramita o expediente: Consellería de Medio Ambiente.

1.3. Número de expediente: Ref. M.A. 2-001.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición do obxecto: poxa, mediante procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación das obras incluídas no proxecto denominado Orzamento modificado do proxecto de urbanización do polígono da Lagoas, 2ª fase (1ª etapa).

2.2. Prazo de execución: 4 meses.

3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación:

3.1 Tramitación: ordinaria.

3.2 Procedemento: aberto.

3.3. Forma: poxa.

4. Orzamento base da licitación:

4.1. Importe total: 33.004.763 ptas.(IVE incluído).

5. Fianzas:

5.1. Provisional: 660.095 ptas., correspondentes ó 2% do tipo de licitación.

5.2. Definitiva: 1.320.190 ptas., correspondentes ó 2% do tipo de licitación.

6. Obtención da documentación e información:

6.1. Entidade: Consellería de Medio Ambiente

6.2. Enderezo: rúa Arcediagos, 9 baixo.

6.3 Localidade e código postal: Ourense, 32005.

6.4. Teléfono: (988) 38 81 35.

7. Requisitos:

7.1. Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a seguinte clasificación: grupo: K, subgrupo 6, categoría d.

8. Presentación das ofertas u das solicitudes de participación

8.1.Prazo de presentación de proposicións: 26 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o último anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia, das 9 ás 13 horas.

8.2. Documentación para presentar: a que se sinala no artigo 6 do prego de cláusulas económico-administrativas.

8.3. Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello, praza Maior, 1.

8.4. Localidade: Ourense.

8.5. Prazo de vinculación da oferta: 20 días máximo, desde a apertura.

9. Apertura das ofertas:

9.1. Entidade: Concello de Ourense.

9.2. Enderezo: praza Maior, 1.

9.3. Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12.30 horas.

1O. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de clausulas económico-administrativas.

11. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

Ourense, 6 de maio de 1998.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

4606