Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 08 de xuño de 1998 Páx. 6.332

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacions Laborais, pola que se anuncia a licitación polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público, para a subministración de 11 vehículos tipo break, motor diésel, de cinco prazas, para uso das policías locais.

1. Entidade adjudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacions Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 98/13/968.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de vehículos tipo break, motor diésel, de cinco prazas, para uso das policías locais.

b) Número de unidades que hai que entregar: once (11), como mínimo.

c) División por lotes e número: non.

d) Lugar de entrega: Santiago de Compostela.

e) Prazo de entrega: un (1) mes contado desde a data de notificación da adxudicación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 23.000.000 de pesetas (IVE incluído).

5. Garantía.

a) Provisoria: 460.000 ptas.

b) Definitiva: 920.000 ptas.

6. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfonos: (981) 54 46 42 / 54 45 17.

e) Telefax: (981) 54 46 96.

f) Data límite de obtención da documentación e información: a mesma que para a presentación das ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ó da publicación de presente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) e rematará o vixésimo sexto día natural, ás 14 horas, agás que o ultimo día fose sábado ou inhábil, caso este no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

2ª Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sala de xuntas.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da consellería, ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 12 horas.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 1998.

Francisco J. Rubio Delgado

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

5038