Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 08 de xuño de 1998 Páx. 6.326

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/127-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 Santiago de Compostela.

Denominación: variante L.M.T. a C.T. Granxas Deca.

Situación: Santiago de Compostela.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV, sobre apoios metálicos (2) e con conductor LA-56, de 70 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Granxas Deca (expediente 30111) e final inmediacións autovía Santiago-A Lavacolla-Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 11 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

4739