Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 08 de xuño de 1998 Páx. 6.325

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/119-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. Arteixo, 171, 15000 Arteixo.

Denominación: L.M.T.S., C.T. e R.B.T. Sta. María de Pastoriza-Meicende.

Situación: Arteixo.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 1.413 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 240 mm Al con orixe na L.M.T. subterránea a C.T. Pastoriza e final na L.M.T. aérea A Grela-Meicende, pasando polo C.T. que se construirá tipo C.T.C. de 630 kVA denominado Pastoriza-Meicende e R.B.T. aérea e subterránea do dito centro. Concello de Arteixo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 11 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

4745