Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 08 de xuño de 1998 Páx. 6.318

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 1998, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Lugo e Sarria, por Portomarín, con anexos: V-7046; XG-420, por substitución e unificación das concesións: V-1575; XG-098, entre Lugo e Sarria por Portomarín, con anexos, e V-2079; XG-174, de Sarria a Vilamaior, con prolongación.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 10 de marzo de 1998,

resolveu outorgar, con carácter definitivo, á Empresa Portomarín, S.A., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Lugo e Sarria, por Portomarín, con anexos: V-7046; XG-420, por substitución e unificación das concesións: V-1575; XG-098, entre Lugo e Sarria por Portomarín, con anexos, e V-2079; XG-174, de Sarria e Vilamaior, con prolongación, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I. Itinerarios e puntos de parada.

-Lugo, empalme de Cuíña, Piúgos, Soñar, Saa, Belesar, Lousada, Mougán, Piñeiras, Reboredo (Alto Valiño), Portomarín, Castro, Pacios, Vilar, Biville, Mouzos e Sarria.

-Soñar, empalme de Vilar, Fontemaior, Ribas de Miño, Piñeiro, Tosende, Ferroi, Nogueiras, Vilasuso, San Román e Lousada.

-Empalme de Cuíña, Ribeira, Cuíña, Vilar e empalme de Vilar.

-Lousada, Grolos e Santa Euxea.

-Reboredo, Castrolázaro, Carborrecelle, Mesón de Cabra, Recelle e Cruceiro de Feiroval.

-Pacios, Randulfe, Cimadevila, San Vicente, Toexe, Barrido, Colado, Bidul, Aldosende, Vilar, Gondar e Teibel.

-Pacios, Andreade e Foilebar.

-Mouzos, Serra, Taide, Santo Andrés, Vilamaior, Bade, Ferreira, Edrada, Mámoa e Mosteirovello.

II. Expedicións.

Sarria-Lugo (50 km).

-Unha expedición de ida e dúas de volta os días laborables.

-Dúas expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

-Unha expedición de ida e volta os domingos e festivos.

Lousada-Lugo por Ferrol (27km).

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables do 1 de outubro ó 31 de maio.

-Unha expedición de ida e volta os martes e venres laborables do 1 de xuño ó 30 de setembro.

Lugo-Pacios por Portomarín (35 km).

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables do 1 de outubro ó 31 de maio.

Pacios-Foilebar (5 km).

-Unha expedición de ida de luns a venres laborables do 1 de outubro ó 31 de maio.

Lugo-Santa Euxea (23 km).

-Unha expedición de ida de luns a venres laborables.

Teibel-Sarria (32,5 km).

-Unha expedición de ida e volta os días lectivos.

Mosteirovello-Sarria (19 km).

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

-Unha expedición de volta os días lectivos.

Cruceiro de Feiroval-Reboredo (7 km).

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Ferroi-Lugo por Cuíña (20 km).

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

III. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 9,8013 pesetas.

-Tarifa usuario: 10,4874 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos: 1,47 pesetas.

Contra a citada disposición, defintiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

4712