Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 08 de xuño de 1998 Páx. 6.302

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Ingeniería Urbana, S.A.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo para a empresa Ingeniería Urbana, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 8-5-1998, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, con data do 24-4-1998. De conformidade co disposto no artigo 10 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que

consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 14 de maio de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Acta de negociación do convenio colectivo da empresa Ingeniería Urbana, S.A. co seu persoal adscrito ós servicios de limpeza pública e interiores contratados co Concello de Pontevedra.

Comisión negociadora

Por INUSA (R.E.)

Gil Martínez, Juan Manuel.

Representación social (R.S.)

C.I.G.

Iglesias Pazos, Manuel (presidente).

Cousido Gonzalez, Ramón (vicepresidente).

Jaen Trelles, Mª Teresa (secretaria).

Outeda Cochon, José Manuel.

Rotea Jorge, Manuel.

Sabris Couselo, Manuel.

CC.OO.

Bua Eirin, Jesús.

Miranda Leiro, Ángel.

Sabaris Ucha, Agustín.

Reunidos o día 24 de abril de 1998 os á marxe indicados en Pontevedra tratan os seguintes puntos:

1º) Actualización para 1997 dos conceptos que teñen contido salarial (artigo 10º.-Salarios).

En aplicación do incremento previsto resultan definitivos para 1997 os seguintes salarios:

Salario mínimo convenio: 99.808 ptas.

Táboas salariais:

Delegado: 110.500 ptas.

Xefe de servicio: 108.365 ptas.

Encargado xeral: 106.221 ptas.

Encargado vertedoiro: 104.085 ptas.

Capataz: 104.085 ptas.

Administrativo: 104.085 ptas.

Mecánico-conductor: 104.085 ptas.

Conductor: 101.944 ptas.

Vixilante vertedoiro: 99.808 ptas.

Peón: 99.808.

Limpadora: 99.808 ptas.

Cristaleiro: 99.808 ptas.

O incremento de salarios que representa o aumento de táboas de 1997 supuxo un 5,07%.

E sen máis asuntos que tratar asinan as partes no lugar e data indicados.

5166