Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 08 de xuño de 1998 Páx. 6.297

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

PRESIDENCIA

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 1998 pola que se concede a Medalla de Galicia nas súas categorías de prata e bronce.

Examinado o expediente relativo á concesión da Medalla de Galicia nas súas categorías de prata e bronce, e visto o dictame emitido pola comisión asesora previsto no artigo 3.2º do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Galicia, modificado polo Decreto 166/1995, do 16 de xuño, en virtude das competencias que me confire o referido decreto,

DISPOÑO:

Concedérlle-la Medalla de Galicia nas súas categorías de prata e bronce ás seguintes persoas e entidades:

*Medallas de prata:

José Ramón Guillermo Carlos Andrade y Cobas.

Jesús Carballo García.

Colectivo de salvamento da tripulación do buque Sonia Nancy.

Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (Arvi).

Xosé Luís Foxo Rivas.

Irmáns José Antonio e Jesús Martínez Novas.

Fernando Romay Pereiro.

Francisco Silva de Calheiros e Menezes (conde de Calheiros).

Juan Soto Gutiérrez.

José Luis Torrado Casal.

José Manuel Touriñán López.

*Medallas de bronce:

Genaro Arceo Román (a título póstumo).

Wenceslao Cabezas del Toro.

Pablo Díaz Novo.

Antonio Domínguez Olano.

Jesús Fernández Cobelo.

Ramón Ferreiro Regos.

María do Carme Kruckenberg Sanjurjo.

José Limeres Guille.

Camilo Quelle Cid.

José Sanjurjo Lozano.

Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Santiago de Compostela.

José Isidro Teijeira Martínez.

Mariano Tudela Rodríguez.

Emilia Vázquez Cadahía.

Santiago de Compostela, 5 de xuño 1998.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

5381