Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 05 de xuño de 1998 Páx. 6.264

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 1998 pola que se convoca concurso para construcción e explotación de estacionamento para vehículos en terreos anexos ó Hospital Santa María Madre.

De conformidade co acordado pola Corporación provincial, na sesión do día da data, convócase concurso público para outorgar unha concesión administrativa coa finalidade de construcción e explotación dun estacionamento para vehículos nos terreos anexos ó Hospital Santa María Madre, con suxeición ó prego de condicións, que se publicará, integramente, no BOP de Ourense, e co seguinte extracto:

1. Entidade adxudicadora, dependencia e número de expediente: Deputación Provincial de Ourense, Negociado de Plans Provinciais. Nº 1/1998.

2. Obxecto do contrato e prazo de execución: concesión administrativa para a construcción de aparcamento subterráneo e xestión do servicio de estacionamento público para vehículos nos terreos propiedade da deputación anexos ó Hospital Santa María Madre, excluídos da zona I do SU-12 do Plan xeral de ordenación urbana de Ourense.

O prazo de execución é de dezaoito (18) meses a partir da acta de planeamento.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, concurso.

4. Orzamento base de licitación: non se sinala.

5. Garantía provisoria: 3.000.000 de pesetas.

6. Obtención de documentación e información: na Deputación Provincial de Ourense, rúa do Progreso, 32, teléfono: (988) 38 51 00, fax: (988) 38 51 84, Negociado de Plans Provinciais. A documentación pode solicitarse ata a data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación esixida: grupo A, subgrupo 1, categoría e). Grupo C, subgrupos 2, 6 e 7, categoría e). Grupo E, subgrupo 1, categoría e). Grupo G, subgrupos 3 e 6, categoría e). Grupo I, subgrupos 1 e 9, categoría e). Grupo J, subgrupo 2, categoría e). Grupo K, subgrupos 6 e 9, categoría e).

Outros requisitos: poden concorrer empresas constructoras coa clasificación indicada e tamén as de xestión e desenvolvemento de obras e servicios públicos e similares, pero se non teñen a clasificación esixida, deberán concorrer en unión coa empresa que xustifique tal clasificación.

8. Presentación de ofertas: ata as trece horas (13 horas) do vixésimo sexto día natural seguinte á publicación do último dos anuncios no BOP de Ourense, Diario Oficial de Galicia ou no BOE.

Documentación que hai que presentar: sobre 1 coa proposición económica, sobre 2 coa documentación xeral e sobre 3 coa documentación específica do concurso. O detalle da documentación figura na base 11 do prego de condicións.

A documentación presentarase en man, no rexistro xeral da Deputación, rúa do Progreso, 32, Ourense.

O licitador deberá mante-la oferta durante o prazo de tres (3) meses.

Admítense dúas (2) variantes nas ofertas.

9. Apertura de ofertas: os sobres números 2 e 3 abriranse ás dez horas e trinta minutos (10.30 horas) do seguinte día hábil a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, en acto público, na sala de comisións do pazo provincial, rúa do Progreso, 32, Ourense. O sobre número 1 abrirase ás doce horas (12 horas) do quinto día hábil seguinte. En ámbolos supostos, se conincide en sábado, o acto trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

10. Os interesados poderán solicitar unha copia do prego de condicións, que lles será facilitada, gratuitamente, pola deputación provincial.

11. O adxudicatario aboará os gastos das publicacións mencionadas.

Ourense, 29 de maio de 1998.

José Luís Baltar Pumar

Presidente da Deputación Provincial de Ourense