Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 05 de xuño de 1998 Páx. 6.260

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (165/1998).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria de data 28 de maio de 1998, adoptou, entre outros, o seguinte,

ACORDO:

1. Mostra-la conformidade coas actuacións levadas a cabo pola Comisión Xestora en relación coa redacción e impulso do proxecto de estatutos, bases de actuación, proxecto de compensación e proxecto de urbanización.

2. Aprobar, inicialmente, a pedimento da comisión xestora para o desenvolvemento do equipamento comercial Ponte Vella, sito na zona 9 do SU-27 do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ourense. O proxecto de estatutos, bases de actuación, proxecto de compensación e proxecto de urbanización de accesos a centro comercial de Ourense.

3. Incorporar ó proxecto un estudio das instalacións eléctricas en conformidade co establecido no capítulo II apartado 2.5 do Plan Xeral de Ordenación Urbana.

4. A valoración definitiva queda pendente da conta de liquidación final, polo que o concello deberá estar presente na liquidación final.

De conformidade co disposto nos artigos 137, 102 e 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente á expo

sición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte á última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan presenta-las alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 29 de maio de 1998.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde

5238