Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 05 de xuño de 1998 Páx. 6.254

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador C-224/97 (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación do expediente sancionador, por infracción da Lei 4/1997, do 25 de xuño de caza de Galicia.

Que, así mesmo, designo instructor do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaría a María Teresa Calvo García.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previas no artigo 28 da mentada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achegar documentos ou as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que, de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de dárense os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8-1993).

Pontevedra, 30 de abril de 1998.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: C-224/97.

Denunciado: José García Carrera.

Último domicilio coñecido: Xinzo Viso, 11, Ponteareas.

Feito denunciado: cazar sen ser titular da licencia de caza, sendo sorprendidio coa escopeta cargada e preparada para disparar cando transitaba por unha pista por onde circulan vehículos e persoas, o día 14 de decembro de 1997, termo municipal de Ponteareas.

Precepto infrinxido: artigo 58.2º e 57.35º da Lei 4/1997 de caza de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 120.000 ptas e retirada da licencia de caza e inhabilitación para obtela 1 ano e 1 día.

4405