Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de
execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: C.T. e R.B.T. Cebola.
Situación: Zas.
Descricións técnicas: C.T. intemperie de 50 kVA 20.000/380-220 V no apoio nº 14 da L.M.T. Ermida-Cebola-Baio (expediente 51908) no lugar de Cebola. R.B.T. aérea de 2,494 km con orixe no C.T. Cebola, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón e de fibra de vidro.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 23 de abril de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
4297