Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 05 de xuño de 1998 Páx. 6.241

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/394-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: instalación de L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T. Castro-Casas Baratas.

Situación: Sobrado.

Descricións técnicas: liña L.M.T. a 15/20 kV de 0,2 km con orixe no apoio a intercalar nos nº 2 e 3 da L.M.T. ó C.T. mosteiro de Sobrado, e remata no apoio nº 4 a cambiar da liña L.M.T. ó C.T. de mosteiro de Sobrado, en conductor R.H.V.-12/20kV 3x95 Al. C.T. prefabricado de 160 kVA 15.000/380-220 V nas Casas Baratas. Rede de baixa tensión subterránea de 0,155 km con orixe no C.T. Castro-Casas Baratas, en conductor R.V. 0,6/1 kV 4x240 Al.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre

autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 23 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

4263