Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 05 de xuño de 1998 Páx. 6.240

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/400-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: instalación L.M.T.(D.C.) Grela-Burgo I e II.

Situación: Culleredo.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 0,01 km con orixe na L.M.T. A Grela-Burgo -Sigrás (expediente 10072) e remata na L.M.T. subterránea os CC.TT. urbanización Os Álamos (expediente 34511), Rutis-Vilaboa (expediente 34511), Avda. Vilaboa, 2 (expediente 194/96) e Somoza (expediente 26552), en conductor LA-56/54,6 mm sobre apoio existente. L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 0,350 km en S.C/1,198 km en D.C., con orixe nos Álamos (expediente 34511) Rutis-Vilaboa (expediente 34511), Avda. Vilaboa, 2 (expediente 194/96) e Somoza (expediente 26552). Reforma dos centros de transformación de Somoza e Rutis-Vilaboa (Culleredo).

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 21 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

4296