Ó abeiro das competencias que a Comunidade Autónoma de Galicia ten en materia de conservación da natureza foi regulada a figura do espacio natural en rexistro de protección xeral, mediante o Decreto 82/1989, do 11 de maio.
A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, facendo uso da facultade outorgada polo artigo 6 do devandito Decreto 82/1989, e a través da Orde do 5 de xuño de 1997, declara provisionalmente o río Tea como espacio natural en réxime de protección xeral e inicia o trámite de inclusión no Rexistro de Espacios Naturais de Galicia.
Transcorrido o prazo dun ano estipulado, cómpre prorroga-lo seu réxime por outro ano máis.
En consecuencia,
DISPOÑO:
Artigo único.-Prorrogar por un ano a declaración provisional do río Tea como espacio natural en réxime de protección xeral, nos mesmos termos que figuran na orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 5 de xuño de 1997 (DOG nº 113, do 13 de xuño).
Disposicións derradeiras
Primeira.-Facúltase o director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural para as cuestións de carácter xeral que se deriven da aplicación desta orden.
Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 28 de maio de 1998.
José Carlos del Álamo Jiménez
Conselleiro de Medio Ambiente
5260