A Alcaldía deste Concello, o día 6 de abril do ano en curso, aprobou inicialmente o estudio de detalle na Avda. Souto Vizoso, 31, promovido por Ubaldo Regueiro Saavedra e redactado polo arquitecto Manuel M. Chaín Pérez.
Exponse ó público polo prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
O expediente ficará á disposición de calquera que desexe examinalo na Unidade de Obras e Urbanismo, para formula-las alegacións que estime pertinentes.
Narón, 22 de abril de 1998.
Xoán Gato Díaz
Alcalde
4513