Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 04 de xuño de 1998 Páx. 6.188

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 1998 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e con trámite de urxencia, das asistencias técnicas que se citan. (Claves OH.115.339/EXP. e dúas máis).

A) Asistencia técnica:

1. Asistencia técnica para a tramitación dos expedientes de expropiación dos bens afectados pola construcción do encoro de Acheiro. (Laracha-A Coruña).

Clave: OH.115.339/EXP.

Orzamento: vinteoito millóns oitocentas noventa e unha mil setecentas setenta e dúas pesetas (28.891.772).

Prazo de execución: 16 meses.

Requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán presentar para os efectos de acredita-la súa solvencia económica e financeira, os documentos citados no artigo 16 da Lei 13/1995, letra a) e a súa solvencia técnica ou profesional mediante os documentos citados no artigo 19, letras a) e b) da mesma lei.

De posuí-lo licitador a clasificación do grupo I, subgrupo 1, categoría A, será eximido da presentación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica ou profesional.

2. Asistencia técnica para a redacción do proxecto da conducción de auga a Laracha e Arteixo desde o encoro de Acheiro. (Laracha e Arteixo-A Coruña).

Clave: OH.215.434/AT.

Orzamento: trinta e un millóns cincocentas mil pesetas. (31.500.000).

Prazo de execución: 24 meses.

Requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán presentar, para os efectos de acredita-la súa solvencia económica e financeira, os documentos citados no artigo 16 da Lei 13/1995, letra a) e a súa solvencia técnica ou profesional mediante os documentos citados no artigo 19, letras a) e b) da mesma lei.

De posuí-lo licitador a clasificación do grupo II, subgrupo 3, categoría A, será eximido da presentación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica ou profesional.

3. Asistencia técnica para a redacción do proxecto de recuperación de leitos naturais e separación das augas pluviais na rede de saneamento de Vigo (Vigo-Pontevedra).

Clave: OH.436.387/AT.

Orzamento: vintedous millóns de pesetas (22.000.000).

Prazo de execución: 3 meses.

Requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán presentar, para os efectos de acredita-la súa solvencia económica e financeira, os documentos citados no artigo 16 da Lei 13/1995, letra a) e a súa solvencia técnica ou profesional mediante os documentos citados no artigo 19, letras a) e b) da mesma lei.

De posuí-lo licitador a clasificación do grupo II, subgrupo 3, categoría C, será eximido da presentación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica ou profesional.

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os pregos de prescricións técnicas, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia -Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores:

Fianza provisional: dispensada en virtude do artigo 77 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, polo que se modifica o artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Fianza definitiva: catro por cento (4%) do importe de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición:

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións:

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do día vintedous (22) de xuño de 1998.

F) Apertura das proposicións:

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do día dous (2) de xullo de 1998.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores:

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia

5121