Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 04 de xuño de 1998 Páx. 6.186

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Empresarios del Parque Empresarial La Picaraña.

En cumprimento co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados, ás 12 horas do día 11 de maio de 1998, a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Empresarios del Parque Empresarial La Picaraña, que teñen os seguintes ámbitos:

Territorial: local(Padrón)

Profesional: empresarios e comerciantes que teñan a súa sede social no parque empresarial da Picaraña de Padrón e todas aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten ser propietarias de predios sitos dentro do recinto empresarial.

Asinan a acta de constitución: Miguel Martín Treus e nove persoas máis.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 11 de maio de 1998.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

4686