Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 04 de xuño de 1998 Páx. 6.184

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 20 abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación dos procedementos sancionadores de protección de animais 002PR/1998.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade (DOG nº 75, do 22 de abril), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, podéndose promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias desta consellería, segundo o previsto no artigo 24 apartado 2º.b) da mesma lei.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poidan examina-los expediente, na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples - Monelos, e para aportaren, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples - Monelos, A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9-8-1993).

A Coruña, 20 de abril de 1998.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 002PR/1998.

Denunciado: González Villanueva, Manuel.

DNI: 50.734.045 R.

Último enderezo coñecido: r/ Balandro nº 43, 28042 Madrid.

Feito denunciado: carecer da autorización para a exhibición de animais nos garaxes do centro comercial Continente, para a exposición ó público de animais exóticos.

Tipificación da infracción: artículo 21 F) da Lei 1/1993, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Sanción: 60.000 pesetas.

4612