Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 04 de xuño de 1998 Páx. 6.179

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/371-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: instalación de L.M.T., C.T.I. e R.B.T. Bexo.

Situación: Brión.

Descricións técnicas: liña de media tensión aérea a 20 kV de 0,355 km con orixe na liña L.M.T. Tambre-Ponteinsua-Negreira (tramo Minans-Pousada-Vicedo) expediente 26900) e remata no C.T.I. Bexo, en conductor LA 56/54,6 mm sobre apoios de formigón. Centro de transformación intemperie de 50 kVA 20.000/380-220 V en Bexo, Espiñeiros e Cristimil. Liña de baixa tensión de 0,57 km con orixe no C.T.I. de Bexo, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 22 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

4254