Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 03 de xuño de 1998 Páx. 6.111

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADAVIA

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 1998 referente a convocatoria para prover diversas prazas do cadro laboral de persoal fixo deste concello.

Na Casa do Concello de Ribadavia, o día catro de maio de mil novecentos noventa e oito, o alcalde, Jaime Dávila Sánchez, asistido do secretario accidental, Vicente Soto Rodríguez, tivo a ben dicta-la seguinte resolución:

No BOP de Ourense número 69, con data do 26 de marzo de 1998, aparecen publicadas integramente as bases da convocatoria para a provisión de cinco prazas de limpador/a de edificios escolares, unha praza de limpador/a de edificios municipais, unha de limpador/a do polideportivo, unha de encargado do polideportivo, unha de peón especialista, unha de peón servicios múltiples, unha de peón do servicio de limpeza, unha de director/a de instalacións deportivas e unha de guía turístico-monitor deportivo, polo sistema de concurso-oposición.

Presentación de instancias: dirixidas ó alcalde-presidente do Concello de Ribadavia (Ourense), no rexistro xeral deste concello ou na forma prevista no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Prazo de presentación: vinte días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza publicado o presente anuncio no BOE.

Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios relativos á convocatoria se publicarán no BOP de Ourense e no taboleiro de anuncios do concello.

Así o manda e asina o alcalde do que, como secretario accidental, dou fe.

Ribadavia, 4 de maio de 1998.

O alcalde

Rubricado

O secretario accidental

Rubricado

5097