Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 03 de xuño de 1998 Páx. 6.110

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión con data do 8 de maio de 1998 acordou aprobar inicialmente a modificación puntual das normas de ordenación subsidiaria do planeamento municipal referente ás condicións para a redacción de plans parciais de uso industrial con obxecto de axustar posteriormente as condicións de edificación do polígono industrial de Toedo, téndose suspendido automaticamente o outorgamento de licencia urbanística no ámbito afectado. O que se somete a información pública polo prazo dun mes para exame e posibles alegacións polos que se consideren interesados.

A Estrada, 19 de maio de 1998.

O alcalde

Rubricado

4435