Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 03 de xuño de 1998 Páx. 6.109

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1998, da Dirección Xerencia de Atención Primaria de Lugo, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, da subministración de diverso material sanitario para consumo e reposición dos centros dependentes desta xerencia de atención primaria. (C.P. 1/1998).

A Dirección Xerencia de Atención Primaria de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño), e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación que a seguir se cita.

Obxecto: adquisición de diverso material sanitario para consumo e reposición dos centros dependentes desta xerencia de atención primaria de Lugo, de acordo co contido do prego de prescricións técnicas e normas complementarias. C.P. 1/1998.

Orzamento: máximo autorizado de catorce millóns cincocentas oitenta e cinco mil oitocentas doce pesetas (14.585.812) IVE incluído.

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto polo trámite de urxencia.

Prazo de execución do contrato: desde a sinatura do contrato ata o 31-12-1999.

Admisión de variantes: só se admitirá a presentación de variantes no nº de orde 7.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios de subministracións da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, praza de Ferrol nº 11, 4ª planta, 27001 Lugo. Teléfono:(982) 29 63 29 e (982) 29 62 19; fax: (982) 24 24 16; tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

Fianzas: 2% do orzamento máximo.

Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo I do prego.

Solvencia técnica: acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo II.

Criterios de adxudicación:

Prezo: 11 puntos.

Calidade: 9 puntos.

Clasificación: non se precisa.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá de xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos, conforme o artigo 38.4º, apartado C da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e artigo 205 do Regulamento de correos aprobado por Decreto 1563/1964, do 14 de maio, modificado no seu apartado 3 do Decreto 2655/1985, do 27 de decembro, e anunciarlle á Xerencia de Atención Primaria a remisión da oferta mediante fax (982) 24 24 16, ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura das proposicións: terá lugar no salón de actos desta Xerencia de Atención Primaria de Lugo a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 20 de maio de 1998.

Lorenzo Armenteros del Olmo

Director xerente de Atención Primaria

5104