Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 03 de xuño de 1998 Páx. 6.102

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación dos servicios necesarios para o desenvolvemento do programa Expolisboa-98 Xuventude.

A Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 27/1998.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: contratación dos servicios necesarios para o desenvolvemento do programa Expolisboa-98 Xuventude.

b) Prazo de execución: do 16 de agosto ata o 13 de setembro de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 35.000 ptas./praza, cun máximo de 400 prazas, o que supón un orzamento base de 14.000.000 de pesetas, co IVE incluído.

5. Garantías:

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Enderezo: San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: (981) 54 56 37.

e) Fax: (981) 54 56 26.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica na cláusula 10ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

2º Enderezo: San Caetano, s/n.

3º Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Ou por calquera dos xeitos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981) 54 58 43, ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Enderezo: San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: quinto día natural, contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo da presen

tación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

e) Hora: ás 9.30 horas.

10. Gastos de anuncios:

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 1998.

P.D. (Orde 16-12-1997)

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia

e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

4351