Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 03 de xuño de 1998 Páx. 6.100

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

EDICTO do 7 de maio de 1998, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, polo que se lle notifica a Ramiro Camiña Castro a resolución desta consellería do 27 de xaneiro de 1998 en relación co acordo de incoación de procedemento referido ó expediente de subvención PE 205A 96/35-5.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ó ser devolta en tres ocasións polo servicio de correos de Poio, Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa a resolución enviada no seu día, notifícaselle a Ramiro Camiña Castro, que ten como último domicilio coñecido: r/ Valdemós, 95, Raxó-Poio (Pontevedra), a resolución da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, relativa ó acordo de incoación de procedemento de reintegro de pagamentos indebidos correspondente ó expediente de subvención de acuicultura número PE 205A 96/35-5 para a construcción dun barco auxiliar de bateas.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 1998.

Javier Pereiro Muñoz

Director xeral de Recursos Mariños

ANEXO

Asunto: acordo de incoación de procedemento de reintegro de pagamentos indebidos, expediente PE 205A 96/35-5 sobre a construcción dun barco auxiliar de bateas.

Antecedentes: examinado o expediente de referencia por persoal funcionario da Dirección Xeral de Recursos Mariños, que fora presentado por Ramiro Camiña Castro na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, poño no seu coñecemento os seguintes,

Feitos:

1º Que, Ramiro Camiña Castro, con DNI nº 35.286.830-T e domicilio en Valdemós, 95, Raxó-Poio (Pontevedra), presentou na convocatoria de 1996 un expediente de subvención para a construcción dun barco auxiliar de bateas.

2º Que os custos elixibles aprobados pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ascendían á cantidade de 49.900.000 pesetas, para realizar nos anos 1996 por importe de 4.990.000 ptas. e en 1997 por importe de 44.910.000 ptas.

3º As subvencións aprobadas para estes investimentos ascendían a: 2.994.000 ptas. no ano 1996, e 26.946.000 ptas. en 1997.

4º Que con data do 5-9-1996 se asinou un contrato-programa entre a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura e Ramiro Camiña Castro, onde se recollían as condicións para a execución do proxecto aprobado e as da percepción das subvencións aprobadas.

5º Que por parte do beneficiario se xustificaron os investimentos correspondentes ó ano 1996 por importe de 4.990.000 ptas. mediante factura (nº H00023 do 23-10-1996), do estaleiro Varaderos Piñeiro de Meira-Moaña (Pontevedra), polo concepto de posta de quilla e ensamblaxe en aceiro.

6º Que dado que en 1996 o beneficiario cumpriu co subscrito no contrato-programa e co establecido no Art. 13 da Orde do 25-1-1995, por parte da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura se tramitou o correspondente pagamento da subvención (Art. 14 da orde) por importe de 2.994.000 ptas.; cantidade que foi transferida ó nº da conta bancaria 2091-0532-3040001770 da que era titular o beneficiario Ramiro Camiña Castro.

7º Que o beneficiario non levou a cabo en 1997 a execución dos investimentos previstos para esa anualidade, incumprindo polo tanto o obxecto da subvención.

Fundamentos xurídicos:

De acordo co establecido en:

1º Art. 12 da Orde do 25-1-1995 (DOG nº 27, do 8-2-1995) que establece: «Os investimentos correspondentes a cada exercicio económico deberán estar realizados antes do día 15 de outubro do exercicio correspondente».

2º Art. 13 da mesma orde: «finalizado o investimento de que se trate, os interesados deberán presentar antes do día 1 de novembro, na delegación territorial ou comarcal, a documentación correspondente».

E seguindo o procedemento establecido no Art. 8 do Real decreto 2225/1993, do 17 de decembro de 1993, Regulamento de procedemento para concesión das subvencións públicas (BOE nº 312, do 30 de decembro de 1993), a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, tomou o seguinte, acordo:

Incoación de procedemento de reintegro de pagamentos indebidos a Ramiro Camiña Castro.

Concédeselle ó interesado un prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte á recepción da súa notificación, para alegar e presenta-los documentos e xustificacións que coide pertinentes, ante a Dirección Xeral de Recursos Mariños da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, de acordo co establecido no Art. 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro de 1992), como trámite de audiencia.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 1998.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

5066