Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 03 de xuño de 1998 Páx. 6.055

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 14 de maio de 1998 pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de profesores que imparten ensino secundario, formación profesional, ensinanzas artísticas e idiomas.

De conformidade co establecido na base decimoitava da orde desta consellería do 21 de novembro de 1997 (DOG do 1 de decembro), pola que se convocaba concurso de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de profesores que imparten ensino secundario, formación profesional, ensinanzas artísticas e idiomas, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Adxudicarlles destino definitivo en virtude de concurso de traslados ós profesores que figuran nos anexos I, II, III, IV, V e VI, nos centros que alí se especifican.

Segundo.-Declarar en situación de expectativa de destino ós profesores que se relacionan no anexo VII.

Terceiro.-Os interesados tomarán posesión dos novos destinos que se lles adxudican por esta orde os días 10 e 11 do próximo mes de setembro, e incorporaranse ós centros o día 14 do mesmo mes. A referida toma de posesión producirá efectos económicos o día 1 de outubro de 1998 e administrativos desde o día 14 de setembro do mesmo ano.

Cuarto.-Os profesores participantes neste concurso de traslados que presentasen documentación poderán retirala eles mesmos ou por medio de persoa autorizada no Servicio de Profesorado de Ensinanzas Secundaria e Especiais desta consellería (San Caetano, Santiago de Compsotela), no prazo dun mes contado a partir de transcorridos dous meses desde a publicación da presente orde.

O que lle comunico a V.I. para o seu coñecemento e demais efectos.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

Director Xeral de Persoal

4603