Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 02 de xuño de 1998 Páx. 6.035

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 1998 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto e tramitación de urxencia, para a contratación do servicio consistente no mantemento dos equipos informáticos do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Obxecto: mantemento do material informático que se detalla no correspondente prego de prescricións técnicas.

Orzamento: seis millóns cincocentas mil (6.500.000) pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: dous (2) anos.

Clasificación: non se esixe.

Garantía provisional: cento trinta mil (130.000) pesetas.

Garantía definitiva: duascentas sesenta mil (260.000) pesetas.

Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán nesta contratación estarán de manifesto e á disposición dos interesados para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, no rexistro da sede dos servicios centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela).

Presentación de proposicións: as proposicións, que se axustarán ó modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no antedito rexistro antes das 14 horas do décimo terceiro (13) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, a partir das dez (10) horas do quinto (5) día natural contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado, a mesa reunirase o luns seguinte á mesma hora. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama ou telefax nº (981) 54 19 02 no mesmo día.

Anuncio: o importe deste anuncio aboarao o adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 1998.

José A. Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo

5059