Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 02 de xuño de 1998 Páx. 6.033

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación das resolucións dos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos que se citan. (LU-E 26/1998 e LU-E 41/1998).

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se relacionan, ó non podérselles notificar por correo certificado as resolucións dictadas nos expedientes de sanción, por infracción en materia de espectáculos públicos; así como a contía e número.

Contra estas resolucións o interesado poderá interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun

mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírtase que de non ser este en tempo e forma, terá que aboa-la multa imposta no período de pagamento voluntario, a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, recadación de multas e sancións de espectáculos públicos, número 2091/0152/29-3110001658, en calquera oficina da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo consta-lo número de expediente sancionador, co cal se porá fin a este. Transcorrido o dito prazo procederase ó cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición terceira da Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Lugo, 23 de abril de 1998.

José Mª Fernández Olea

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Nome-DNI/NIF-Nº Expediente-Precepto infrinxido-Último domicilio-Multa

Francisco Javier Torviso Martínez76.565.472LU-E 26/199823.o) en relación co 26.e) da L.O. 1/1992Rúa San Roque, s/n, Ribadeo80.000 ptas.

Freire y Puente C.B. (Mª Élida López Freire e Mª José Pérez)E-27.203.868LU-E 41/199823.o) en relación co 26.e) L.O. 1/1992Avda. Terra Chá, Vilalba70.000 ptas.

4393