Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 02 de xuño de 1998 Páx. 6.026

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/403-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. Catro Camiños-Metal Atlántico.

Situación: Mugardos.

Descricións técnicas: apoio paso aéreo-subterráneo a 15/20 kV con orixe na L.M.T. a C.T. Catro Camiños (expediente 4840) e final no apoio paso aéreo-subterráneo proxectado, en conductor LA-110/116,2 mm, apoio de formigón. L.M.T.S. a 15/20 kV de 0,270 km con orixe en apoio paso aéreo-subterráneo proxectado e final no C.T. Catro Camiños (expediente 4840) en conductor R.H.V.-12/20 kV 3x240 Al. Enlace L.B.T. aérea de 0,134 km con orixe en C.T. Catro Camiños (expediente 4840) en conductor R.Z. sobre apoios de formigón. Enlace red B.T.S. de 0,099 km con orixe no C.T. Catro Camiños (expediente 4840) en conductor R.V. 0,6/1 kV 4x240 Al.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 21 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

4269