Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 02 de xuño de 1998 Páx. 6.019

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 28 de abril de 1998, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se notifica resolución de reintegro de pagamento indebido.

Non sendo posible a notificación a José Antonio Villamarín Iglesias, co último enderezo coñecido en Avenida de Marín, nº 17, 2ºA, 32001 Ourense, da resolución desta dirección xeral pola que se lle require o importe de cento vinteoito mil cento corenta

e dúas (128.142) ptas. en concepto de cobramento indebido de 25 días de marzo, abril e maio completos do ano 1997, segundo resolución da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, realízase polo presente anuncio, conforme prevé o artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Ourense emitiralle a oportuna liquidación na que constará a forma e prazo de ingreso.

Contra esta resolución poderá interpoñer, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da notificación sen que poidan simultanearse, algún dos seguintes recursos:

- Recurso de reposición perante o órgano que a dictou, segundo o establecido no Real decreto 2244/1979.

- Reclamación económico-administrativa perante o tribunal da dita xurisdicción da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 1998.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos

4539