Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 02 de xuño de 1998 Páx. 5.989

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 149/1998, do 28 de maio, polo que se nomea rector magnífico da Universidade de Santiago de Compostela o profesor doutor Francisco Darío Villanueva Prieto.

Os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 473/1997, do 28 de novembro (DOG nº 250, do 29 de decembro), dispoñen, no seu artigo 76, que lle corresponde ó claustro universitario a elección do rector, que será nomeado pola Xunta de Galicia.

Unha vez recibido na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria escrito da Universidade de Santiago de Compostela no que se fai constar que o profesor doutor Francisco Darío Villanueva Prieto foi elixido para o cargo de rector por maioría absoluta na sesión do claustro celebrada os días 18 e 19 de maio, cómpre, en cumprimento do disposto legalmente, proceder ó oportuno nomeamento.

Na súa virtude, en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro (DOG nº 23, do 21 de marzo de 1983), reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro (DOG nº 208, do 28), por instancia do claustro da Universidade de Santiago de Compostela, e por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteoito de maio de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomeo rector magnífico da Universidade de Santiago de Compostela o profesor doutor Francisco Darío Villanueva Prieto.

Santiago de Compostela, vinteoito de maio de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

5046