Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 01 de xuño de 1998 Páx. 5.984

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

COMANDANCIA DA GARDA CIVIL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 12 maio de 1998 pola que se anuncia poxa pública de armas.

O día 22 de xuño de 1998, a partir das 9 horas, procederase en dependencias da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, r/ Loureiro Crespo, 25, á poxa de 283 escopetas, 2 rifles, 30 carabinas, 44 revólveres e 89 pistolas, polo procedemento de prego pechado.

As ofertas deberán realizarse durante os días 15, 16, 17, 18 e 19 de xuño de 1998, durante os cales as ditas armas permanecerán expostas ó público das nove ás trece horas.

Pontevedra, 12 de maio de 1998.

José Luís Gómez Aparisi

Tenente coronel primeiro xefe