Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 01 de xuño de 1998 Páx. 5.982

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO VICEDO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) organismo: Concello do Vicedo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Municipal.

c) Número de expediente: 1/97.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: venda mediante poxa, por procedemento aberto, dun edificio de propiedade municipal resultante da segregación do edificio destinado a centro sanitario, sito no número 10 da r/ Vías e Obras do Vicedo.

b) Número de unidades que se van entregar: unha.

c) división por lotes e número: non hai.

d) Lugar de entrega: Concello do Vicedo.

e) Prazo de entrega: 30 días seguintes ó da adxudicación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 21.318.450 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 426.369 ptas.

6. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Concello do Vicedo.

b) Domicilio: r/ Dr. Prado Villapol, nº 57.

c) Localidade e código postal: O Vicedo, 27860.

d) Teléfono: (982) 59 00 01 e 59 00 29.

e) Telefax: (982) 59 00 01.

f) Data límite de obtención da documentación e información: ata o derradeiro día do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os enumerados na cláusula 8 e 9 do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do derradeiro anuncio no Diario Oficial de Galicia ou BOP, respectivamente.

b) Documentación que hai que presentar: a establecida nas cláusulas 8 y 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª.-Entidade: Concello do Vicedo.

2ª.-Domicilio: r/ Dr. Prado Villapol, nº 57. O Vicedo (Lugo).

3ª.-Localidade e código postal: O Vicedo, 27860.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello do Vicedo.

b) Domicilio: r/ Dr. Prado Villapol, nº 57.

c) Localidade: O Vicedo.

d) Data: terá lugar no salón de sesións da Casa do Concello do Vicedo, ás 13 horas do segundo luns hábil seguinte a aquel no que remate o prazo sinalado

na alínea 1) da cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Hora: 13 horas.

10. Outras informacións: a vivenda obxecto de poxa atópase gravada cun arrendamento; o predio está afecto pola servidume de tránsito e protección, e a edificación está afectada parcialmente pola servidume de protección, estando sometidas estas ás limitacións establecidas na Lei 22/1988, de costas.

O Vicedo, 25 de maio de 1998.

Isaac Prado Villapol

Alcalde

5026