Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 01 de xuño de 1998 Páx. 5.978

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 1998 pola que se anuncia concurso, por trámite de urxencia, das obras de restauración, conservación de fachadas e mellora medioambiental das edificacións das zonas 9, 10, 11 e 12 do PERI do núcleo histórico do termo municipal de Ourense dentro do ámbito de aplicación do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Ourense para a rehabilitación e recuperación do núcleo histórico

1. Entidade adxudicadora:

1.1. Organismo: Concello de Ourense.

1.2. Dependencia na que se tramita o expediente: Área de Infraestructuras.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición do obxecto: contratación, mediante concurso e trámite de urxencia das obras de restauración, conservación de fachadas e mellora medioambiental das edificacións das zonas 9, 10, 11 e 12 do PERI do núcleo histórico do termo municipal de Ourense dentro do ámbito de aplicación do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Ourense para a rehabilitación e recuperación do núcleo histórico.

2.2. Prazo de execución: a execución do contrato comezará coa acta de comprobación do planeamento e as obras deberán quedar totalmente finalizadas no prazo de seis meses.

3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

4.1. Importe total: 25.000.000 de ptas.

5. Fianzas:

5.1. Provisional: 500.000 ptas., correspondentes ó 2% do tipo de licitación.

5.2. Definitiva: 1.000.000 de ptas., correspondentes ó 4% do tipo de licitación.

6. Obtención da documentación e información:

6.1. Entidade: Concello de Ourense, Área de Infraestructuras.

6.2. Enderezo: rúa Lamas Carvajal, s/n.

6.3. Localidade e código postal: Ourense 32005.

6.4. Teléfono: (988) 38 81 33.

7. Requisitos:

7.1. Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica, e non estean incursos en causa de prohibición ou incompatibilidade.

7.2. Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 4, categoría c; grupo K, subgrupo 7, categoría c.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

8.1. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do último anuncio da convocatoria no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

8.2. Documentación para presentar: a que se sinala nos artigos 11 e 12 do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Ourense, sito na Praza Maior, 1.

8.4. Przo de vinculación da oferta: vinte días ou corenta no caso de baixa temeraria, como máximo, contado desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas:

9.1. Entidade: Concello de Ourense, salón de sesións.

9.2. Enderezo: Praza Maior, nº 1.

9.3. Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións.

9.4. Hora: 12.30 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación correrán a cargo do adxudicatario.

Ourense, 14 de abril de 1998.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

4204