Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 01 de xuño de 1998 Páx. 5.974

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 1998, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto (tramitación urxente do artigo 72 da LCAP), para o asesoramento profesional consistente na proposta e desenvolvemento dun proxecto xeral de comunicación para este complexo hospitalario (C.P. 118/1998).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: asesoramento profesional consistente na presentación e desenvolvemento dun proxecto xeral de comunicación para o Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza.

Orzamento: 7.500.000 ptas.

Garantía provisional: 150.000 ptas.

I. Forma de adxudicación: o contrato adxudicarase mediante concurso, en procedemento aberto, tramitación urxente, de acordo co previsto nos artigos 75, 86 e 91 da LCAP.

II. Prazo de vixencia: desde a súa adxudicación ata o 31-12-1998.

III. Admisión de variantes: non se autorizan.

IV. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Criterios de adxudicación:

1. Desenvolvemento dos capítulos do proxecto técnico (7 en total, que se enumeran no anexo I: prego de prescricións técnicas): ata 35 puntos.

2. Experiencia profesional das empresas na área da comunicación e currículum vitae do/dos consultor/es asignado/s ó contrato: ata 35 puntos.

3. Oferta económica presentada polos licitadores: ata 30 puntos.

No relativo ó criterio sinalado co número 2, valorarase moi especialmente a experiencia en traballos similares ó presente, realizados no sector sanitario, e dentro del no ámbito hospitalario público.

VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo), As Xubias de Arriba, 84, 15006-A Coru

ña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

IX. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 25 de maio de 1998.

Jesús Caramés Bouzán

Director-xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

4993