Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 01 de xuño de 1998 Páx. 5.965

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 1998, da Dirección Xeral de Interior, pola que se fan públicas resolucións do conselleiro dos expedientes sancionadores en materia de xogo P-9/1997 e P-17/1997.

Expendiente Sancionador: P-9/1997.

Intentada a notificación directa a María de la Concepción Durán Monteagudo da resolución dictada polo conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais no expediente de referencia, e ó non poder efectuarse esta resolvín, ó abeiro do previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia da seguinte:

RESOLUCION:

1) Sanciona-la empresa operadora Sociedad Recreativa Rías Altas, S.A., C.I.F. A-15074628, con nº de rexistro C-0010, solidariamente co seu xerente/apoderado José Luís Alberto Martínez López, con DNI 32.586.660, con multa de centro vinte mil pese

tas (120.000 ptas.), pola comisión dunha infracción grave das previstas no artigo 29.i) da Lei 14/1985, modificada por Lei 7/1991 e sancionable a través dos artigos 31 e 32 da Lei 14/1985, por ter instalada e en explotación, no local Cafe Bar Tip Top do concello da Estrada (Pontevedra), unha máquina recreativa de tipo B carecendo da autorización de explotación, boletín de instalación e non tendo colocado o adhesivo da taxa fiscal.

2) Sanciona-la titular do establecemento Café Bar Tip Top, sito na Avda. de Santiago, nº 28 do concello da Estrada (Pontevedra), Mª de la Concepción Durán Monteagudo, con DNI nº 76861945-C, con multa de dez mil pesetas (10.000 ptas.), pola comisión dunha infracción grave das previstas no artigo 29.i) da Lei 14/1985, modificada pola Lei 7/1991 e sancionable a través dos artigos 31 e 32 da Lei 14/1985, por ter instalada e en explotación, no seu local, unha máquina recreativa de tipo B carecendo da autorización de explotación, boletín de instalación e non tendo colocado o adhesivo da taxa fiscal.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante a sala do contencioso-administrativo logo da correspondente comunicación a esta consellería na forma prevista na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 27 de decembro de 1956, e no artigo 110 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Comunícaselle ó interesado que ten un prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución, para efectua-lo pagamento dela en período voluntario na conta restrinxida de recadación a favor do Tesouro da Facenda galega, de multas e sancións, nº 311-500-6/0 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Pontevedra. De non efectua-lo pagamento dentro do prazo establecido procederase á súa execución por vía de constrinximento.

Expediente sancionador: P-17/1997.

Intentada a notificación directa á entidade Complejo Alba, S.L. da resolución dictada polo conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais no expediente de referencia, e ó non poder efectuarse esta resolvín, ó abeiro do previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia da seguinte:

RESOLUCION:

1) Sanciona-la empresa operadora Constantino Pérez Expósito, S.L.,C.I.F. B36638815, con nº de rexistro P-0169, solidariamente co seu xerente/apoderado Constantino Pérez Sánchez, con DNI 36.073.687, con multa de cento cincuenta mil pesetas (150.000 ptas), pola comisión dunha infracción

grave das previstas no artigo 29.i) da Lei 14/1985, modificada por Lei 7/1991 e sancionable a través dos artigos 31 e 32 da Lei 14/1985, por ter instalada no local Restaurante Alba do concello de Pontevedra, unha máquina recreativa carecendo do boletín de instalación correspondente.

2) Sanciona-lo titular do establecemento Restaurante ALba, Complejo Alba, S.L., con C.I.F. B-36278380, sito no concello de Pontevedra, con multa de vinte mil pesetas (20.000 ptas.), pola comisión dunha infracción grave das previstas no artigo 29.i) da Lei 14/1985, modificada por Lei 7/1991 e sancionable a través dos artigos 31 e 32 da Lei 14/1985, por ter instalada, no seu local, unha máquina recreativa carecendo do boletín de instalación correspondente.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante a sala do contencioso-administrativo logo da correspondente comunicación a esta consellería na forma prevista na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 27 de decembro de 1956, e no artigo 110 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Comunícaselle ó interesado que ten un prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución, para efectua-lo pagamento dela en período voluntario na conta restrinxida de recadación a favor do Tesouro da Facenda galega, de multas e sancións, nº 311-500-6/0 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Pontevedra. De non efectua-lo pagamento dentro do prazo establecido procederase á súa execución por vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 1998.

Alfredo Sánchez Carro

Director xeral de Interior

4402