Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 01 de xuño de 1998 Páx. 5.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

AVISO do 31 marzo de 1998, da Xefatura de Servicio de Desenvolvemento Rural da Coruña, polo que se anuncia a aprobación do acordo da zona de concentración parcelaria de Santo Estevo de Abella (Frades-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Santo Estevo de Abella (Frades-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución por Decreto 243/1989, do 9 de novembro (Diario Oficial de Galicia nº 225, do 23 de novembro).

Primeiro.-Con data do 30 de xullo de 1997, o director xeral de Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración da zona de Santo Estevo de Abella (Frades-A Coruña), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no Concello de Frades e na zona, durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte ó da última publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP, no xornal de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello.

Terceiro.-No prazo de trinta días que se din cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, podendo os recorrentes presenta-lo recurso na Xefatura de Servicio de Desenvolvemento Rural (edificio administrativo de Monelos, s/n, 6ª planta, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das

dependencias ás que fai referencia o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmos ou por representación, facéndose constar no escrito un enderezo dentro do termo municipal para os efectos das notificacións que procedan.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser obxecto de recurso de alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artígos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia, do 14 de agosto de 1985).

A Coruña, 31 de marzo de 1998.

Rodolfo M. Rodríguez González

Xefe do Servicio de Desenvolvemento Rural

4362