Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 01 de xuño de 1998 Páx. 5.963

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/281-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: modificado 1 L.M.T., C.T. parque empresarial de Ordes.

Situación: Ordes.

Descricións técnicas: variante da L.M.T. Mesón-Ordes (expediente 27357) a 20 kV ó seu paso polo parque empresarial de Ordes cunha lonxitude de 289 m en apoios de formigón e conductor L.A.-56. Liña aérea a 217 m subterránea 20 m con orixe no apoio número 3 da variante e final no C.T.-2 que se vai construír. Liña subterránea de 35 m con orixe no apoio número 4 da variante e final no C.T.-1 que se vai construír. 2 C.T. prefabricados de 630 kVA cada un de potencia e relación 20/0,380-0,220 kV.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 23 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

4295