Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 01 de xuño de 1998 Páx. 5.962

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/324-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T.I e R.B.T A Telleira.

Situación: concellos de Ames e Brión.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 0,07 km con orixe na L.M.T. a C.T. Sisalde (expediente 51883) e final no C.T.I. A Telleira, en conductor LA-56/54,6 mm e sobre apoios de formigón. C.T.I. de 50 kVA 20.000/380-220 V na Telleira. L.B.T. aérea de 1,28 km con orixe no C.T.I. A Telleira, en conductor R.Z. e sobre apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 22 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña