Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 01 de xuño de 1998 Páx. 5.961

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/322-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C e R.B.T. estrada de Castela, 834.

Situación: Narón.

Descricións técnicas: L.M.T.S. a 15/20 V de 0,345 km con orixe no C.T. Hnos Pita (expediente 7342) e final no C.T.C. estrada de Castela, 834, en conductor R.H.V. 12/20 kV 3(1x240) mm Al. C.T. prefabricado de 630 kVA 15.000/380-220 V na estrada de Castela, 834 (interior praza). R.B.T.S. de 0,15 km con orixe no C.T.C. estrada de Castela, 834 no conductor R.V.-0,6/1 kV 4(1x240) mm Al.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 22 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

4287