Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 01 de xuño de 1998 Páx. 5.956

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (166/1997).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e certifico, que neste xulgado do meu cargo e baixo o número 166/1997 se segue xuízo de faltas sobre furto no cal se dictou sentencia que contén o seguinte encabezamento e decisión:

«Sentencia. En Santiago de Compostela, o vinteoito de abril de mil novecentos noventa e oito.

Visto por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo de faltas nº 166/1997, seguidos por furto, sendo parte denunciante Pilar Sendón Lestón, África Beceiro Pedrias e Aida Fernández Montero, maiores de idade; aparecendo como parte denunciada Antonia Larralde Echevarría e Dolores Berrio Jiménez, maiores de idade; o Ministerio Fiscal mostrouse parte.

Decido que debo condenar e condeno a Antonia Larralde Echevarría e Dolores Barrio Jiménez, como autoras responsables dunha falta de furto do Art. 623.1º do Código Penal, á pena, a cada unha delas, de multa dun mes, a razón de 500 ptas./día, con arresto substitutorio dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, que poderá cumprirse en arrestos de fin de semana; así como deberán aboa-lo pagamento das custas procesuais pola metade.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación a interpor no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

O inserido anteriormente concorda ben e fielmente co seu orixinal tanscrito ó que me remito, e para que conste, para os efectos que procedan e para que sirva de notificación en forma á denunciada Antonia Larralde Echevarría en ignorado paradoiro expido, asino e selo o presente edicto en Santiago de Compostela, o seis de maio de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

4440