Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 29 de maio de 1998 Páx. 5.909

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 1998, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de mantemento, conservación e reparación do equipamento de electromedicina na área de críticos do Hospital Xeral de Galicia, mediante procedemento aberto. (Expediente 61/1998).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG 6-6) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Obxecto: servicio de mantemento, conservación e reparación do equipamento de electromedicina na área de críticos do Hospital Xeral de Galicia.

Orzamento estimado: 3.032.244 ptas. (tres millóns, trinta e dúas mil duascentas corenta e catro ptas.), IVE incluído.

Fianzas:

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación.

b) Definitiva: 4% do orzamento máximo autorizado.

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Forma de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e ordinario.

Prazo de execución: un ano, desde o 1 de xullo, ou data de sinatura do contrato se é posterior. Antes do seu vencemento, este contrato poderá prorrogarse nos termos que se establecen no artigo 199 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Admisión de variantes: non se admiten.

Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún dos medios sinalados no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: acreditarase por algún dos medios sinalados no artigo 19 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación: atribuirase ás ofertas unha puntuación ata un máximo dos que se especifican para cada un dos seguintes parámetros:

Prezo: ata 4 puntos.

Experiencia en servicios de electromedicina en centros hospitalarios de similares características: ata 4 puntos.

Melloras adicionais: ata 2 puntos.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no Departamento de Contratación Administrativa do Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras s/n, 15705 Santiago de Compostela, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas.

Clasificación: non se esixe.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras s/n, 15705 Santiago de Compostela, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no apartado 10 do prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Xeral de Galicia ás 10 horas do décimo

sexto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán aporta-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 1998.

Manuel Ariza López

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela

4096