Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 29 de maio de 1998 Páx. 5.899

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/65-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Lonia Textil, S.L.

Enderezo social: parque empresarial do P. Aguiar-Monterrei, 32000 O Pereiro de Aguiar.

Denominación: C.T. de 630 kVA e L.M.T. enterrada 3x95 mm Al 15/25 kV.

Situación: parque empresarial O P. Aguiar-Monterrei (O Pereiro de Aguiar).

Descricións técnicas: C.T. en caseta con 630 kVA, 20.000/380-220 V situado no interior da nave do peticionario e L.M.T. subterránea de 3x95 mm Al 15/25 kV de 286 m desde a caseta de seccionamento.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 21 de abril de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

4284